A lingua galega é unha festa

O galego estivo presente na maioría dos cartaces que anuncian as festas en Foz na tempada de verán. Tamén os festivais de música usaron a lingua galega, que estivo presente do mesmo xeito nos programas de actos das celebracións.

Porén, o uso non maioritario do galego por parte do tecido empresarial fixo que a publicidade dos patrocinadores dos eventos non estivera integramente en galego.

A normalización entre parafusos. A Ferretería Fuente

Ben sexa para chamarlle aos baldes, ás chaves ou aos martelos, na ferraxaría de Marcelino sempre empregan a lingua galega.


O esforzo normalizador para chamarlle ás cousas polo seu nome na Ferretería Fuente é moi intenso. Cartaz a cartaz e letreiro a letreiro, as palabras escritas nesta tenda axudan a fixar os nomes dos aparellos novos e tamén axudan a que non se perda o vocabulario dos oficios de toda a vida.