O asociacionismo exprésase en galego


A ampla maioría das asociacións de Foz empregan o galego como lingua habitual nas súas actividades. Este feito tamén é habitual no conxunto da comarca da Mariña, onde se amosa unha vontade clara de estender o uso da lingua nas afeccións. Grupos como Os Sendeiros, A Banda de Música de Foz, A Asociación Folclórica e Cultural A Subela, A Acia de Foz ou a Asociación Deportiva Santiago de Foz empregan con normalidade a lingua galega
para publicitar os actos.


Algunhas destas asociacións como A Subela, ACIA Foz , o Feitizo e Os Sendeiros tamén difunden as súas actividades na rede, e do mesmo xeito que fan na vida real, tamén na net empregan a lingua galega en blogues e páxinas.
<