Fe na lingua

A relixión que practican os focegos católicos exprésase en galego. Deste xeito, a parroquia de Santiago de Foz utiliza a lingua con normalidade, pois nesta lingua podemos atopar desde oracións até os formularios para cursar a catequese e a confirmación.
Grazas á colaboración de Antón Niñe podemos aceder a estes documentos paroquiais.


A parroquia difunde as súas actividades a través dun boletín realizado integramente en galego, lingua na que tamén está redactado o seu blog.
Tal e como fai a parroquia de Santiago de Foz, tamén o Arciprestado de San Martiño imprime o boletín Luz da Fe en lingua galega.