A normalización entre parafusos. A Ferretería Fuente

Ben sexa para chamarlle aos baldes, ás chaves ou aos martelos, na ferraxaría de Marcelino sempre empregan a lingua galega.


O esforzo normalizador para chamarlle ás cousas polo seu nome na Ferretería Fuente é moi intenso. Cartaz a cartaz e letreiro a letreiro, as palabras escritas nesta tenda axudan a fixar os nomes dos aparellos novos e tamén axudan a que non se perda o vocabulario dos oficios de toda a vida.