O galego: lingua do alén


Grazas ao negocio de arte floral de Ana Fabeiro podemos afirmar que o 98 % dos focenses teñen dereito a un enterro na lingua na que desenvolveron a súa vida, o galego.


Este negocio, que tamén actúa de axencia funeraria, estende o seu labor normalizador a outras celebracións sociais coma vodas ou bautizos ao empregar con normalidade o galego a nivel interno na publicidade, recordatorios, lápidas, etc…
Nunha visita a alguns camposantos de varias parroquias da vila como Nois, Cangas e Fazouro, podemos observar que a lingua galega está presente nas palabras de lembranza que os familiares deixan para os seus seres queridos.

As pequenas comunicacións das igrexas e cemiterios tamén están redactadas en galego grazas á iniciativa dalgúns párrocos de parroquias como Fazouro ou San Martiño.