o galego e a publicidade


Nos rótulos publicitários de Foz emprégase o galego nunha pequena medida por parte das empresas locais. Esta porcentaxe aínda diminúe no caso das grandes empresas establecidas na vila. Ás veces mesmo aínda que estas empresas sexan galegas, como é o caso de Gadis, tampouco utilizan a lingua maioritaria na Mariña.


A situación é ben máis positiva se ollamos para as caixas que acostuman recoller os folletos publicitarios. Estas están rotuladas en galego nun bo número de fogares grazas a que a empresa que as comercializa ofrece adhesivos en todas as linguas oficiais do estado español.
Á hora de rotular os vehículos, as empresas non acostuman usar o galego, aínda así demos con algunhas furgonetas e remolques de camións na nosa lingua.