O teatro da lingua

O teatro afeccionado en Foz é unha tradición que vén de longa data.
Xa nos tempos das Irmandades da Fala Manuel Lugilde Penelas, mestre da República en Foz escribira a obra De vello Gaiteiro, obra teatral que se estreou o 30 de novembro de 1929 no teatro Rosalía de Castro en Foz.

Segundo a información achegada por Ramón Ermida Meilán e Mónica Pazos Martínez, quen publicaron Vida e obra de Manuel Lugilde Penelas no segundo número de Bolanda, Cadernos de História Fozega, Lugilde foi un dos artífices da creación a finais de 1927 do Cadro de Declamación Focense, grupo de teatro amador que representará obras en galego até 1930.

Esta tradición teatral na vila de Foz continuou durante as décadas da ditadura unicamente en castelán, só recuperándose as representacións en galego nas últimas décadas do século XX grazas ao empeño entre outas persoas, do docente de Cervo Francisco Piñeiro González.
Auténtico dinamizador do teatro amador na comarca da Mariña. F. Piñeiro dirixe as compañías de teatro afeccionado de adultos A Adala (Fazouro) desde 1999 e O Batán de Cangas de Foz desde o ano 2009.

Xunto coas outras compañías que Piñeiro dirixe na Mariña, o director representou arredor de seiscentas obras escritas en galego da súa autoría. Axudado polo coñecemento do mundo do teatro amador da comarca, F. Piñeiro publicou en 2012 unha Historia do Teatro Afeccionado na Mariña Lucense.

Leave a comment