Os sinais da lingua


Ás veces na sinalización oficial, e noutras ocasións por medio de cartaces ou letreiros, o certo é que o galego protagoniza a rotulación da vila. Mesmo nas pequenas indicacións que facilitan a vida cotiá ou tratan de conservar os nomes populares dos espazos atopamos presente a lingua galega con normalidade.

Só nalgunha situación esporádica como a que segue podemos atopar que a iniciativa privada ás veces vai diante da pública no uso do galego na sinalización.