A lingua por palabras: precísase…


Os focenses empregan o galego para os pequenos anuncios redactados por particulares. Este uso non é total, pois en ocasións o feito de que estean orientados cara aos visitantes da vila fai que dubiden da utilidade do galego para chegar a un grande número de destinatarios.