A música nas palabras

Foz é terra de músicos, e moitos deles empregan o galego para as súas cancións. A língua úsase en estilos musicais que abranguen desde o folk e a canción protesta até o rock bravú.

Os pioneiros en empregar o galego na música focega foron Arcadio Mon, o actual director da Banda de Música Municipal, e Miro Casabella. O primeiro ten unha longa traxectoria na música de orquestra, e depois do seu paso polo mítico grupo Los Satélites foi autor de temas en galego como O Meu Merengue no seu grupo Arcadio con Nueva Ola.

Miro Casabella, músico orixinario da parroquia de Cangas de Foz, foi un dos protagonistas do movemento de canción protesta Voces Ceibes, que marcou nos últimos anos da ditadura os inicios da canción de autor en galego.
portada14
645342

Seguiron o camiño aberto por estes músicos, focenses como Ugia Pedreira, quen protagonizou un sinfín de proxectos musicais, desde os folkies Chouteira, até iniciativas de fusión como Acrobata, coprotagonizado polo brasileiro Fred Martins.


A líder da Central Folque acadou os seus maiores éxitos co grupo Marful.

Aínda que o seu local de ensaio estea en Burela, algunhas das membros das Batuko Tabanka, como Antonina, residen na parroquia de Cangas de Foz. Este grupo de mulleres que interpreta música tradicional cabo-verdiana, ademais de cancións en crioulo ten alguns temas en galego.

Leave a comment