O galego, unha lingua legal

1408
Xosé Xoán Barreiro Prado
, maxistrado orixinario de Foz, leva loitando máis de 20 anos para normalizar un ámbito onde a presenza do galego é ainda reducida, a Administración da Xustiza.
A súa traxectoria normalizadora veuse homenaxeada entre outros galardóns cos de fillo predilecto de Foz, e co título de Galego Egrexio nos prémios da Crítica en 2010. Desde 1987 Barreiro Prado comezou a ditar sentenzas en galego e desde aquela leva producidas, entre autos, sentenzas, providenzas… quizáis máis de trinta mil documentos xurídicos na nosa lingua.


É coautor, entre outras obras do Diccionario Xurídico Galego, primeira compilación terminolóxica en galego neste ámbito de uso da lingua. Participou tamén na campaña, En galego, agora e sempre, co obxectivo de aumentar o uso da lingua nos certificados de últimas vontades.
Barreiro Prado defendeu que a avogacía trate aos cidadáns en galego, como paso necesario para que estes presenten as demandas na lingua galega. A seguir fican algunha mostras dos textos legais producidos por este xurista.

Leave a comment