deporte galego


As asociacións deportivas de Foz usan o galego. Os deportes náuticos, baloncesto ou fútbol prácticanse na vila na nosa lingua. Mostra diso son a ampla colección de documentos que xuntamos na nosa recolla. Procedentes do Clube Náutico de Foz, C.D. Foz, C.D. Santiago de Foz, C.B. Celtas e do C.B. Arnela obtivemos anuncios, recortes de publicacións locais, anuarios e outros textos que amosan o seu compromiso coa lingua.


Grazas á achega de Antón Niñe e Suso Fernández documentamos que o emprego do galego neste ámbito de uso vén de longa data, ao achegarnos textos das décadas de setenta e oitenta do século XX.

Leave a comment