A lingua é cultura


Son varias as iniciativas focenses que conseguen aproveitar as posibilidades económicas que ofrece a lingua e a cultura galega.
Desde hai cincuenta anos a Librería Bahia vén difundindo a literatura galega na vila. Este establecemento emprega o galego tamén nos pequenos detalles mercantís como as bolsas ou marcapáxinas.
O labor cultural da Librería Bahía non acaba aí, pois é impulsora desde hai máis de 30 anos da celebración da Feira do Libro de Foz.


A produción cultural galega aparece esporadicamente noutros locais da vila, costuman proceder da arte ou da literatura a maioría de produtos culturais á venda.

O Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) funciona coma sala comarcal de exposicións e fai as funcións de plataforma artística para os artistas da comarca.
cenima
A focense Silvia Fiallega exerceu como comisaria de exposicións nun período no que houbo especial sensibilidade linguística para que o galego fose a lingua vehicular do espazo.

Leave a comment